OS RESENTIDOS+ BANDA a LIRA de RIBADAVIA

Os Resentidos+Band A LiraAno 2015. 175 anos do nacemento da Banda Municipal LA LIRA de Ribadavia…..

Antón Reixa faime a proposta de  facer arranxos para banda municipal de temas míticos d OS RESENTIDOS e facer temas novos. Todo un reto que aceptp no momento. O día 8 de setembro  2015, faise a presentación con 3 temas, un deles, novo.En Marzo 2016 faise a gravación en directo. No Teatro Principal de Ourense.

Un proxecto ambicioso e de moito traballo de escritorio. A medio camiño entre DIRECTOR MUSICAL- PRODUCTOR- RECADEIRO-COMPOSITOR e ARREGLISTA (arranxos musicais para orquesta)…. Ten complicación e difícil equilibrio. Pero o resultado pode ser espectacular. Xa cos primeiros temas, a unión do grupo ca banda, está resultando prometedor…. Si.

PROMETE…….